Cheo total en lembranza dos mortos do Bou Eva

A biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo quedou pequena este pasado mércores 25 de xaneiro no acto en lembranza dos mortos do Bou Eva.

Celso López, Jacinto Mosquera e Xosé María Álvarez Cáccamo participaron neste fermoso, emotivo e necesario acto sobre os tráxicos acontecementos sucedidos en abril de 1937.

No palestra, que contou cunha nutrida participación, recalcouse a necesidade de erixir, na cidade de Vigo, un monumento en lembranza permanente das vítimas do Bou Eva.

Podedes ver as imaxes xa subidas na sección de Fotos, ou premendo directamente aquí.

Publicado en Artigos | Deixa un comentario

LEMBRANDO AOS MORTOS E MORTAS DO BOU EVA

O vindeiro mércores 25 de xaneiro ás 19:30 na Escola Municipal de Artes e Oficios (García Barbón, 5. Vigo) terá lugar un acto de homenaxe e lembranza aos mortos e mortas do Bou Eva.

Case 86 anos despois do asalto ao Bou Eva, o Ateneo Atlántico e a Asemblea Republicana de Vigo organizan un acto en lembraza destas vítimas do franquismo.

A charla-coloquio contará coas intervencións de Celso López Pazos, presidente da ARV, Jacinto Mosquera Nogueira neto de dúas das vítimas e de Xosé María Álvarez Cáccamo, poeta.

Varios colectivos da nosa cidade levan anos reclamando ás institucións públicas, memoria para as vítimas do maior suicidio colectivo por motivos politicos da guerra de España e, seguramente, da historia contemporánea de Europa, coa intención de dar a coñecer un suceso tráxico, dramático e pouco coñecido da historia do noso pobo e da nosa cidade.

Publicado en Artigos | Deixa un comentario

Fotos da Charla-coloquio “La segunda Nakba palestina. El proceso de Paz”

Xa están subidas as fotos da charla-coloquio La segunda Nakba palestina. El proceso de Paz, con Mohamed Safa, que tivo lugar o pasado xoves 17 de novembro na Casa do Libro.

Podes velas aquí.

Publicado en Artigos | Deixa un comentario

PROXECCIÓN DE MATRIOSKAS O MARTES 22 DE NOVEMBRO ÁS 20:00 NOS MULTICINES NORTE

Este martes 22 de novembro organizamos de forma conxunta coa Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil” a proxección do documental “Matrioskas, las niñas de la guerra”.

O filme está dirixido por Helena Bengoetxea que estará con nós en Vigo para presentar película. O filme narra a historia de catro nonaxenarias marcadas polo exilio e o desarraigo: de España á Unión Soviética e despois a Cuba.

As entradas poderanse adquirir na taquilla ou través da páxina web dos Multicines Norte.

Animámosvos a todos e todas a acudir!

Publicado en Artigos | Deixa un comentario

CHARLA-COLOQUIO “LA SEGUNDA NAKBA PALESTINA. EL PROCESO DE PAZ”

O vindeiro xoves 17 de novembro organizamos na Casa do Libro de Vigo ás 19:30 este acto de solidariedade co pobo palestino.

Contaremos co médico e activista palestino Mohamed Safa.

Para a ARV a solidariedade internacionalista é fundamental en apoio aos pobos oprimidos.

Por iso, animámoste a asistir a esta Charla-Coloquio.

Publicado en Artigos | Deixa un comentario

Fotos da presentación do libro Os Anos do Silencio

Xa están subidas as fotos da presentación de “Os Anos do Silencio. Represión e resistencia na provincia de Pontevedra“, de Xosé Álvarez Castro, que tivo lugar o pasado xoves 10 de novembro na Casa do Libro.

Podes velas aquí.

Publicado en Artigos | Deixa un comentario