Presentación do libro “Heredarás mi reino” de David López Canales

Este próximo xoves 4 de abril, no marco das actividades previas ao 14 de abril, a Asemblea Republicana de Vigo organiza na libraría Librouro (Rúa Velázquez Moreno 27) ás 20:00 a presentación do libro Heredarás mi reino. Del derrumbe de Juan Carlos I a la incertidumbre de Leonor: El relato necesario para comprender la crisis de la corona (Ediciones B).

O acto contará coa presencia do autor da obra, o escritor e xornalista madrileño David López Canales.

López Canales ten colaborado con diferentes medios nos últimos anos como El País, El Mundo, Gatopardo ou Vanity Fair.

O acto estará presentado por Anxo Padín, en representación da ARV.

Pode que che interese:

2 comentarios en “Presentación do libro “Heredarás mi reino” de David López Canales”

  1. BOS DÍAS:

    Na presentación do libro, Heredarás mi reino, fixechedes mención a presentación dun novo libro no mes de maio pero non me lembro da data que díchedes.
    ¿Para anotala na mi axenta poderíades facilitarma?
    Moitas grazas.

    Responder
    • Ola Alberto, contestámosche por correo!
      En calquera caso, nas próximas datas imos publicar o listado de actos para despois do 14 de abril.
      Un saúdo

      Responder

Deixa un comentario