Quen somos?
Nós, a Asemblea Republicana de Vigo, somos unha organización integrada por homes e mulleres de distinta ideoloxía que asumimos e compartimos os valores e a conciencia histórica da esquerda.
Temos como obxectivos a consolidación e o fortalecemento dunha corrente de opinión que proclama a defensa da forma de estado republicana e a articulación dun movemento unitario que, máis alá das distintas ideoloxías presentes no seu seno, teña como denominador común o rexeitamento da forma monárquica do Estado.
Dende hai décadas a Asociación realiza actividades relacionadas coa república e a memoria democrática, presentación de libros, conferencias, exposicións, actos ou manifestacións pola república, como cada 14 de abril.
A Asociación está legalizada, conta cos seus propios estatutos e ten unha configuración asemblearia.
A ARV está aberta para que todos os socios e socias que queiran colaborar co seu tempo e as súas iniciativas en prol da República poidan facelo, colaborando e participando da toma de decisións.
Asemade, contamos cun local en Vigo onde estamos de forma presencial os 2º e 4º martes de cada mes entre as 18:00 e as 20:00 horas.