As últimas novas
Éxito na presentación de “España, cara B”
O extenente Luís Gonzalo Segura presentou o pasado xoves 25 de xuño, na libraría Librouro de Vigo, o seu último libro, España, cara B: Farsa, corrupción y fraude, nun acto organizado pola Asemblea Republicana
Presentación “España, cara B: Farsa, corrupción y fraude”
A Asemblea Republicana de Vigo organiza este xoves, 25 de xuño, ás 20.00 horas, a presentación do último libro de Luís Gonzalo Segura, España, cara B: Farsa, corrupción y fraude. O acto celebrarase na
Resumo das actividades de abril e maio
Presentación “Diarios (1938 e 1945)” O martes 21 de abril presentouse na libraría Librouro Diarios (1938 e 1945) de Syra Alonso. No acto participou a historiadora e representante da ARMH da Coruña Carmen G.
Presentouse en Vigo “Venezuela, del bloqueo al asalto”
Este pasado xoves 4 de xuño Arantxa Tirado estivo en Vigo presentando o libro colectivo do que fai parte, Venezuela, del bloqueo al asalto. A politóloga, académica e militante catalana estivo na biblioteca da
Quen somos?
Nós, a Asemblea Republicana de Vigo, somos unha organización integrada por homes e mulleres de distinta ideoloxía que asumimos e compartimos os valores e a conciencia histórica da esquerda.
Temos como obxectivos a consolidación e o fortalecemento dunha corrente de opinión que proclama a defensa da forma de estado republicana e a articulación dun movemento unitario que, máis alá das distintas ideoloxías presentes no seu seno, teña como denominador común o rexeitamento da forma monárquica do estado.
A ARV está aberta para que todos os socios e socias que queiran colaborar co seu tempo e as súas iniciativas en prol da República poidan facelo, colaborando e participando da toma de decisións.
Vídeo destacado
Asóciate
Para asociarte a Asemblea Republicana de Vigo e traballar activamente pola República, debes inscribirte aquí.
Camiña connosco nas iniciativas a prol da República.