As centrais sindicais maioritarias nesta cidade, CCOO, CIG e UGT, non compartimos, e rexeitamos, o posicionamento e a votación emitida onte polos dous partidos maioritarios no concello de Vigo, en relación o derrubamento da cruz do castro.
A pesares da argumentación utilizada tanto por PP como polo PSOE, a realidade e que non é simplemente unha cruz; é un símbolo fascista o pé do que se fusilaron a persoas desta cidade que non eran afíns o réximen
Estamos ante unha sentenza xudicial que recoñece o trasfondo e a significación desta cruz e obriga o concello o seu derrubamento, polo tanto non é entendible o recurso por parte do mesmo.
Un goberno que presume de <
Por respecto ás familias das vítimas e en cumprimento da Lei, reclamamos que se execute a sentenza sen máis demora.
Ciclo en novembro “Memoria contra o esquecemento”
Este mes de novembro a Asemblea Republicana de Vigo organiza un ciclo de actividades baixo o título “Memoria contra o esquecemento“. Durante