As centrais sindicais maioritarias nesta cidade, CCOO, CIG e UGT, non compartimos, e rexeitamos, o posicionamento e a votación emitida onte polos dous partidos maioritarios no concello de Vigo, en relación o derrubamento da cruz do castro.
A pesares da argumentación utilizada tanto por PP como polo PSOE, a realidade e que non é simplemente unha cruz; é un símbolo fascista o pé do que se fusilaron a persoas desta cidade que non eran afíns o réximen
Estamos ante unha sentenza xudicial que recoñece o trasfondo e a significación desta cruz e obriga o concello o seu derrubamento, polo tanto non é entendible o recurso por parte do mesmo.
Un goberno que presume de <
Por respecto ás familias das vítimas e en cumprimento da Lei, reclamamos que se execute a sentenza sen máis demora.

Presentación do libro “Venezuela, del bloqueo al asalto”
Este vindeiro xoves 4 de xuño a Asemblea Republicana de Vigo organiza, ás 19:30, na biblioteca do EMAO (Escola Municipal de Artes
