Este vindeiro xoves 4 de xuño a Asemblea Republicana de Vigo organiza, ás 19:30, na biblioteca do EMAO (Escola Municipal de Artes e Oficios) en García Barbón 5, a presentación do libro colectivo Venezuela, del bloqueo al asalto.
A obra analiza e contextualiza os ataques a Venezuela e o secuestro do seu presidente Nicolás Maduro, feitos que si ben son os máis graves ata a data, non son máis que un novo capítulo dunha agresión continuada a Venezuela, dende os tempos de Hugo Chávez.
O acto contará coa participación dunha das autoras, Arantxa Tirado, que estará unha vez máis na nosa cidade para presentar este libro editado por Txalaparta.
Arantxa Tirado, nacida en Barcelona, é unha recoñecida politóloga e experta en Venezuela.
O acto estará presentado por Celso López en representación da ARV.


