Presentación do libro “Venezuela, del bloqueo al asalto”

Este vindeiro xoves 4 de xuño a Asemblea Republicana de Vigo organiza, ás 19:30, na biblioteca do EMAO (Escola Municipal de Artes e Oficios) en García Barbón 5, a presentación do libro colectivo Venezuela, del bloqueo al asalto.

A obra analiza e contextualiza os ataques a Venezuela e o secuestro do seu presidente Nicolás Maduro, feitos que si ben son os máis graves ata a data, non son máis que un novo capítulo dunha agresión continuada a Venezuela, dende os tempos de Hugo Chávez.

O acto contará coa participación dunha das autoras, Arantxa Tirado, que estará unha vez máis na nosa cidade para presentar este libro editado por Txalaparta.

Arantxa Tirado, nacida en Barcelona, é unha recoñecida politóloga e experta en Venezuela.

O acto estará presentado por Celso López en representación da ARV.

Pode que che interese:

Vigo marchou Pola República

Este pasado martes 14 de abril de 2026 unha nova manifestación percorreu as rúas de Vigo. Veciños e veciñas de Vigo e

Deixa un comentario