Presentouse en Vigo “Venezuela, del bloqueo al asalto”

Este pasado xoves 4 de xuño Arantxa Tirado estivo en Vigo presentando o libro colectivo do que fai parte, Venezuela, del bloqueo al asalto.

A politóloga, académica e militante catalana estivo na biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios para falar sobre a situación actual en Venezuela, derivada das inxerencias imperialistas e do secuestro de Nicolás Maduro e Cilia Flores.

O libro, editado por txalaparta, está á venda en todas as librarías e nel participan varias autoras e autores, entre elas, Laura Arroyo ou Eneko Compains.

O acto contou cunha nutrida participación, os e as asistentes fixeron as súas reflexións e preguntas sobre a situación actual de Venezuela.

A Asemblea Republicana de Vigo mostrou, unha vez máis, o seu compromiso coa revolución bolivariana e con todos os procesos emancipadores ao longo do planeta.

Pode que che interese:

Vigo marchou Pola República

Este pasado martes 14 de abril de 2026 unha nova manifestación percorreu as rúas de Vigo. Veciños e veciñas de Vigo e

Deixa un comentario