Este pasado xoves 13 de xuño a Asemblea Republicana de Vigo organizou a presentación do libro Vigo republicano. Palabras para o 14 de abril, obra autoeditada pola asociación e que foi estreada na libraría Librouro de Vigo.
O acto contou coa presenza do presidente da Asemblea Republicana de Vigo, Celso López Pazos, co ilustrador Evaristo Pereira de la Torre e con Xesús Alonso Montero, asistiron á cita máis de cincuenta asistentes que encheron a sala.
Os tres participantes explicaron, en primeiro lugar, o proceso de elaboración do libro e como se integraron nunha única peza case unha vintena de discursos de peche das manifestacións pola república do 14 de abril en Vigo.
Evaristo Pereira realizou as caricaturas de todos e todas as participantes no libro, tamén foi o autor da fermosa portada.
Xesús Alonso Montero, que é un dos asiduos asistentes ás manifestacións do 14 de abril nestes últimos 20 anos, narrou o que para el supuxo a República e as lembranzas dun neno de pouco máis de 7 anos.
O libro contou coa inestimable colaboración do xornalista e editor Xan Carballa.
A obra que ten un prezo de 10€, será presentada noutras vilas da bisbarra e está accesible para a súa compra contactando coa Asociación.