Presentación do libro “Vigo republicano. Palabras para o 14 de abril”

O vindeiro xoves 13 de xuño a Asemblea Republicana de Vigo presenta o seu libro autoeditado Vigo republicano, palabras para o 14 de abril. O acto terá lugar na Libraría Librouro -en Vigo- ás 20:00 e contará coas intervencións de Celso López Pazos, Evaristo Pereira de la Torre e Xesús Alonso Montero.

O libro recolle os discursos do peche das Manifestacións pola república do 14 de abril en Vigo dende o ano 2004 ata o 2024, un percorrido de loita pola República de vinte anos, onde dirixentes políticos e políticas, avogados e xentes da cultura, da arte, ou do ensino dirixíronse ás persoas alí concentradas, diante da Rúa da II República de Vigo, para proclamar en berro de liberdade democrática, a necesidade de instaurar, como en 1931, un réxime republicano que substitúa a herdanza franquista da monarquía borbónica.

A portada do libro así como as caricaturas recollidas foron realizadas polo ilustrador vigués Evaristo Pereira, que estará na presentación do libro este próximo 13 de xuño. O prólogo débese a man de Xesús Alonso Montero que tamén fará parte do lanzamento da obra.

O libro, que nace do traballo militante e desinteresado de máis de 20 persoas estará á venda por 10€, e poderase adquirir no acto de presentación, ou contactando coa Asemblea Republicana de Vigo a través de todas as canles da asociación.

Pode que che interese:

Deixa un comentario