O vindeiro venres 31 de maio, ás 19:30 horas, a Asemblea Republicana de Vigo organiza xunto coa promotora galega da marcha republicana a Madrid 16X un acto de presentación da mobilización que terá lugar en Madrid o domingo 16 de xuño, en horario de mañá.
No marco do décimo aniversario da chegada ao trono de Felipe VI, máis de 80 organizacións políticas, sociais e sindicais subscribimos un manifesto co título “Felipe VI… dez anos bastan!“ onde chamamos aos traballadores e traballadoras e ao conxunto das clases populares a participar nunha grande Marcha Republicana en defensa da soberanía popular e a abolición da monarquía.
A Asemblea Republicana fará parte da presentación pública en Vigo desta imprescindible mobilización.
Este acto terá lugar no local da ARV en Avenida Cánovas del Castillo 10, 1°, oficina 5 (en fronte do C. C. A Laxe).