Presentación do libro “23-F: La Farsa. Historia de una investigación amañada”

O próximo xoves 9 de maio ás 19:30 na Casa do Libro de Vigo a Asemblea Republicana de Vigo organiza a presentación do último libro de Carlos López Fonseca.

O xornalista e escritor madrileño, que xa estivo en Vigo convidado pola ARV fai 9 anos, volve á nosa cidade esta vez para presentar a súa última obra sobre o 23F e a farsa que supuxo o intento de golpe de estado.

López Fonseca é o autor de Mañana cuando me maten, sobre os derradeiros cinco asasinados do franquismo en setembro de 1975, tamén ten publicado Trece rosas rojas ou Tiempo de memoria.

O acto estará presentado por Celso Xosé López Pazos, en representación da Asemblea Republicana de Vigo.

Pode que che interese:

Deixa un comentario