A Asemblea Republicana de Vigo lamenta a morte de Alfonso Álvarez Cáccamo

A Asociación lamenta fondamente o pasamento de Alfonso Álvarez Cáccamo, este pasado 4 de marzo.

Escritor e mestre, xubilado fai máis dunha década, falecía en Vigo aos 71 anos de idade no Hospital Álvaro Cunqueiro da cidade olívica.

Alfonso Alvarez Cáccamo obtivo o premio Xerais de novela en 1990 e o premio Álvaro Cunqueiro de narrativa tres anos despois.

A ARV amosa publicamente o seu fondo pesar e o seu máximo respecto polo falecemento dun home sempre comprometido coa República e cos seus valores.

Asemade, compartimos a dor da súa familia e amizades.

Descanse en paz Alfonso Álvarez Cáccamo.

Pode que che interese:

Deixa un comentario