A Asociación lamenta fondamente o pasamento de Alfonso Álvarez Cáccamo, este pasado 4 de marzo.
Escritor e mestre, xubilado fai máis dunha década, falecía en Vigo aos 71 anos de idade no Hospital Álvaro Cunqueiro da cidade olívica.
Alfonso Alvarez Cáccamo obtivo o premio Xerais de novela en 1990 e o premio Álvaro Cunqueiro de narrativa tres anos despois.
A ARV amosa publicamente o seu fondo pesar e o seu máximo respecto polo falecemento dun home sempre comprometido coa República e cos seus valores.
Asemade, compartimos a dor da súa familia e amizades.
Descanse en paz Alfonso Álvarez Cáccamo.