A Asemblea Republicana de Vigo denuncia a exhibición, en Vigo, de bandeiras franquistas

Entre o pasado 15 e 17 de xaneiro a Asemblea Republicana de Vigo presentou ante o xulgado de garda de Vigo, ante a Xunta de Galicia e ante a comisaría da policía nacional unha denuncia pola bandeira franquista coa aguia imperial pendurada no segundo andar do número 5 da Rúa Eduardo Iglesias de Vigo.

Esta exhibición é unha clara exaltación da ditatura militar franquista que asoballou ao noso pobo por case catro décadas e contravén de xeito claro o disposto na lei 20/2022 de 19 de outubro.

A Asemblea Republicana de Vigo condena firmemente a exhibición e propaganda de simboloxía franquista e insta ás autoridades a facer cumprir a lexislación en materia de memoria democrática e a depurar todas as responsabilidades posíbeis.

Pode que che interese:

Deixa un comentario