Celebrada con éxito a asemblea anual da Asemblea Republicana de Vigo

Este pasado venres 15 de decembro celebrouse en Vigo a asemblea anual da Asociación, nela os socios e socias avaliaron o traballo desenvolto durante todo o ano 2023, ratificando o realizado.

Ademais, na xuntanza, os e as asistentes decidiron e marcaron, de xeito colectivo, as liñas de traballo para o ano 2024.

O traballo da Asociación estará enfocado a espallar e socializar a necesidade política actual da República. Tamén se falou sobre a importancia do ensanchamento organizativo da ARV, cunha campaña de aumento de socios e socias.

A asemblea avalou de xeito positivo o traballo da xunta directiva, e animou a seguir na mesma liña en 2024.

Pode que che interese:

Deixa un comentario