Ciclo de cine: Tortura e represión no estado español

A Asemblea Republicana de Vigo organiza este mes de novembro un ciclo de cine nos Multicines Norte sobre a tortura e a represión no estado español.

Os martes, 14 e 21 de novembro, ás 19:45, proxectaranse dous filmes imprescindíbeis para coñecer a pegada da represión e da tortura en España.

O martes 14 poderá verse nos Multicines Norte Bi Arnas, documental contra a tortura sufrida en Euskal Herria, dirixida por Jon Mikel. O productor do filme, Imanol Arzuaga, estará en Vigo presentando a película e participando no posterior coloquio.

O martes 21 será a quenda de Sacar a la luz. La memoria de las rapadas, o filme narra a historia das miles de mulleres vítimas da represión franquista. Unha das directoras da obra, Gema del Rey Jordà estará tamén en Vigo para presentar e falar do seu documental.

O prezo das entradas será de 5€ para cada película (2€ para as persoas maiores de 65 anos) e poderán mercarse na taquilla ou na páxina web dos Multicines Norte.

Pode que che interese:

Deixa un comentario