Charla-Coloquio: Os borbóns, unha monarquía escandalosa

O xoves 16 de marzo ás 19:30, o sociólogo e escritor Manuel Monge estará no local da Asemblea Republicana de Vigo para presentar “Os Borbóns: unha monarquía escandalosa. A herdanza do franquismo”, editado por Laiovento.

A pouco menos dun mes para o 14 de abril, a Asemblea Republicana de Vigo organiza esta charla coloquio con Manuel Monge González, autor desta necesaria obra, publicada en 2016.

A propósito deste fantástico libro, M. Monge fará un percorrido histórico do que supuxo e supón a monarquía borbónica, herdeira do franquismo, no estado español.

A actividade será no local da ARV na Rúa Cánovas del Castillo 10, 1° o xoves 16 de marzo ás 19:30.

Póster de Charla-Coloquio: Os borbóns, unha monarquía escandalosa

Pode que che interese:

Deixa un comentario