POLA REPUBLICA!!
Cando todos os 14 de abril os republicanos e republicanas xuntamos para manifestarnos a prol da República polas rúas de Vigo sabemos moi ben polo que o facemos.
XUNTAMONOS E MANIFESTAMONOS para dicir que non existe autentica democracia nun estado monárquico
XUNTAMONOS E MANIFESTAMONOS porque creemos que so a forma republicana do exercicio do poder fai exclusivamente soberano ao pobo.
XUNTAMONOS E MANIFESTAMONOS porque so a forma de estado republicana pode garantir a existencia dun estado laico e a separación real da Igrexa e o Estado.
XUNTAMONOS E MANIFESTAMONOS porque so unha forma de estado republicana pode garantir a igualdade absoluta de xénero e a non discriminación por sexos.
XUNTAMONOS E MANIFESTAMONOS porque so dende unha República se pode loitar contra o militarismo e as guerras de agresión imperialista.
XUNTAMONOS E MANIFESTAMONOS para loitar, dende a República, contra os poderes económicos transnacionais que rouban e secuestran a soberanía dos pobos e explotan aos traballadores e traballadoras.
XUNTAMONOS E MANIFESTAMONOS para que, tal como garantizaba o artigo 25 da constitución republicana de 1931, o estado non recoñeza “distincións nin títulos nobiliarios”.
XUNTAMONOS E MANIFESTÉMONOS porque so dende a República podese loitar eficazmente contra a corrupción política e a do Capital
XUNTAMONOS E MANIFESTÉMONOS porque sabemos que non se pode dar resposta ás aspiracións das nacións sen estado dentro do actual marco constitucional monárquico.
ABAIXO A MONARQUÍA!!
VIVA A REPÚBLICA!!
VEN CONOSCO A MANIFESTARTE O 14 DE ABRIL DENDE A FAROLA DE URZAIZ ÁS 21 HORAS.
ASEMBLEA REPUBLICANA DE VIGO
VIGO ABRIL DE 2016