As centrais sindicais maioritarias nesta cidade, CCOO, CIG e UGT, non compartimos, e rexeitamos, o posicionamento e a votación emitida onte polos dous partidos maioritarios no concello de Vigo, en relación o derrubamento da cruz do castro.
A pesares da argumentación utilizada tanto por PP como polo PSOE, a realidade e que non é simplemente unha cruz; é un símbolo fascista o pé do que se fusilaron a persoas desta cidade que non eran afíns o réximen
Estamos ante unha sentenza xudicial que recoñece o trasfondo e a significación desta cruz e obriga o concello o seu derrubamento, polo tanto non é entendible o recurso por parte do mesmo.
Un goberno que presume de <
Por respecto ás familias das vítimas e en cumprimento da Lei, reclamamos que se execute a sentenza sen máis demora.
Ao berro de fóra os Borbóns, Vigo pola república un novo 14 de abril
Este pasado luns 14 de abril, un ano máis as rúas de Vigo enchéronse de bandeiras tricolores na loita pola República. Ao