Carta a unha caixeira de Mercadona

ESTIMADA TRABALLADORA DA CADEA DE SUPERMERCADOS MERCADONA.

Pascual Serrano

Todos puidemos ver o vídeo no que, cando viches que numerosos  xornaleiros do Sindicato Andaluz de Traballadores intentaban expropiar diversos alimentos básicos do teu supermercado para doalos a un banco de alimentos, intentaches evitalo e recibiches o empurrón dun deles. Como resultado  senticheste humillada e quedáches chorando nun recuncho. Moitos políticos, analistas e medios de comunicación saíron na túa defensa e convertéronse, sorpresivamente e por primeira vez, en defensores dos traballadores, mellor dito, dunha traballadora coma ti. Agora, varios días despois, probablemente sigas indignada cos que che empurraron e sintesche arroupada e agradecida con estes defensores.

En primeiro lugar quero dicirche que é comprensible a túa reacción instintiva de oposición a quen intentaban levar a comida no centro onde traballas, por iso é necesario recorrer á razón para non limitarnos ao instinto. Para empezar debemos precisar que o teu traballo consiste en cobrar os produtos aos clientes, non custodialos nin impedir a súa subtracción nin apropiación sen pago. Cando intentaches evitalo non estabas cumprindo co teu traballo, tomaches posición nun conflito que non era o teu, porque a discusión pola propiedade duns litros de aceite, outros de leite e algunha lata, entre o dono da cadea de supermercados e uns activistas que querían repartilo entre familias sen recursos para comer, era un asunto alleo ás condicións laborais do teu contrato.

Estimada traballadora, non se se oíches falar das clases sociais ou da loita de clases. Basicamente consiste en recoñecer que nunha sociedade hai ricos e pobres, e que se atopan en conflito porque a máis riqueza para os ricos, máis pobreza para os pobres. Algo moito máis indignante se son estes pobres os que, co seu traballo, logran que os ricos amasen a súa fortuna. Co teu xesto doutro día  tomaches unha posición nesa loita, nese conflito. Cando tiveches que decidir entre os pobres que deben recorrer á caridade do banco de alimentos onde irían destinados os produtos subtraídos do supermercado onde traballas e o patrimonio da familia Roig, propietaria da cadea, cun beneficio no ano 2011 da 474 millóns de euros, ti, libremente, puxécheste á beira dos segundos. Non che quero culpar por iso, insisto en que puido ser unha reacción instintiva que che fixo esquecer que eses produtos que pasan durante corenta horas polas túas mans non son teus, son dunha familia millonaria, ti só traballas cobrando aos clientes. Equivocácheste á hora de defender os intereses dunha clase social, defendiches os do rico a pesar de que ti es unha traballadora e os teus intereses son opostos aos del: para que el sexa rico, ti debes cobrar menos, se ti cobrases máis el sería menos rico.

Os teus intereses, aínda que algúns insistan no contrario, non son os mesmos que os do dono de Mercadona. Non es a única que confunde os intereses da súa clase cos dos ricos, basta observar cantos traballadores votaron ao Partido Popular para que aprobe unha amnistía fiscal aos ricos que defraudan a Facenda ou destine diñeiro público a bancos dirixidos por directivos que gañan centos de miles de euros e, ao mesmo tempo obrígualles a eses traballadores a que paguen máis IVE polo material escolar dos seus fillos ou os despida como empregados públicos se son interinos.

En canto aos que che defenderon e falararon de ti como vítima duns ladróns de supermercado que non respectan a lei, quero que saibas que só o fixeron para utilizarte contra os da túa propia clase social, nunca eses políticos e xornalistas de Intereconomía ou da COPE preocupáronse por ti, se che quedaches sen traballo, nunca se interesaron porque unha caixeira cobre un soldo digno. É máis, a eses que lles molestou tanto o empurron que sufriches, nunca dixeron nada cando aos traballadores que pedían que non lles despedisen coa nova reforma laboral, que os seus fillos tivesen calefacción no colexio ou que os medicamentos seguisen sendo gratuítas para os nosos pensionistas os policías abríanlles a cabeza cunha porra.

Querida traballadora, o outro día choraches desconsolada despois do empurrón, sen dúbida sentíchesche soa. Sentíchesche soa porque estiveches defendendo as propiedades dun millonario que gaña 474 millóns ao ano, e mentres tanto ese millonario ben podería estar gozando das súas vacacións de agosto nun luxoso hotel ou nun iate mentres ti defendías o seu diñeiro. En troques, os sindicalistas que tomaban a comida do teu supermercado nunca están sos porque saben cal é a súa clase social, saben de que lado están, axúdanse, e por iso foron a por comida ao teu supermercado que, por certo, non é teu. Na túa man está que non  te volvas sentir soa, que non volvas chorar por nada semellante. Esas persoas que te empurrarón cando escolliches estar ao carón do empresario son as mesmas que volverán a por comida para ti se mañá es ti a que non tes para comer. Serán eles os que che axuden e non os xornalistas de Intereconomía. Só necesitas recoñecer aos teus, son todas esas persoas que loitan para que ninguén pase fame mentres outros se fan millonarios. Se os volves a ver no supermercado onde traballas, recorda que non son os teus inimigos, que a comida do supermercado non é túa, que quizais mañá ti non teñas traballo e teñas necesidade dela, que eles as estarán collendo para ti e que o dono de Mercadona gaña 474 millóns ao ano.

Pascual Serrano é xornalista. O seu último libro é “Contra a neutralidade. Tras os pasos de JohnReed, Ryzard Kapuscinsky, Edgar Snow, Rodolfo Walsh e Robert Capa” . Editorial Península. Barcelona

 

Pode que che interese:

Deixa un comentario