DE IMPUTACIÓNS XUDICIAIS E ABDICACIÓNS

Artigo aparecido na seción de “Cartas al Director” do xornal “Faro de Vigo”  na edición do 4/04/2013

O xuíz Castro acaba de citar como imputada no caso NOS á filla  segunda de Juan Carlos Borbón. Hai que felicitalo. A súa firmeza e a  súa valente decisión, non compartida polo Fiscal Xeral do Estado (non faltaba máis), dálle, quérase ou non, unha bocalada de aire fresco ao exercicio efectivo da independencia do poder xudicial e serve para  afortalar, feblemente aínda, a  tan malferida “división  de poderes “ no Reino de España. Primeiro foi o xenro, logo García de Revenga, secretario das Infantas, despois o Conde de Fontao, asesor legal da Casa do Rei e agora Cristina Borbón filla do Rei e sétima na liña de sucesión á Coroa. Como se pode apreciar a secuencia vai en orde ascendente. Chegara ao chanzo superior? Poñerá contra a parede da lei ao punto máis alto da pirámide? Podería facelo se o Rei deixase de selo e perdese entón a “inviolabilidade” e a “irresponsabilidade” con que o protexe o artigo 56.2 do Titulo II da Constitución. Por iso, xa poden esperar sentados os que desexen ver ao marido de Leticia Ortiz como inquilino preferente da Zarzuela antes da morte do seu pai. Mesmo despois, estaría por ver.

Celso X. López Pazos

Presidente da Asemblea Repúblicana de Vigo

Esta entrada foi publicada en Artigos. Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *