Os avanzamos as actividades que a ASEMBLEA REPUBLICANA DE VIGO ten previsto desenvolver no mes do abril republicano.
- Campaña que baixo o lema PENDURA NO TEU BALCÓN A BANDEIRA DA REPÚBLICA quere animar a toda a cidadanía a que pendure no seu balcón ou xanela a bandeira tricolor entre os días 10 e 14 de abril. As bandeiras están dispoñibles ao prezo de 5€ nos seguintes puntos:
– Librería Andel (Camelias 102).
– Reinoso 666123456
– Ramón 636788368 (Vigo-Centro)
- O día 2 de marzo ás 19.30 en La casa del libro presentación de “Los surcos del azar” libro de Paco Roca sobre as peripecias de “La Nueve”, a famosa columna de republicanos españois que formando parte da división do xeneral Leclerc foron os primeiros en entrar en París para liberala dos nazis.
Sobre “Los surcos del azar” http://www.casadellibro.com/libro-los-surcos-del-azar/9788415685364/2237072
- O día 17 de marzo ás 19.30 e tamén en La casa del libro, presentación do libro de Rebeca Quintáns “Juan Carlos I. La biografía sin silencios”. Estará presente a autora
Sobre o libro http://www.akal.com/libros/Juan-Carlos-I/9788446042792
- O día 7 de abril en Transylvania Metal Pub ( Rogelio Abalde nº 16) e ás 22.30 horas terá lugar un CONCERTO POLA REPÚBLICA a cargo do do grupo de rock vigués Tinta Femia
- O 14 de abril, venres, ás 12.30 da mañá MANIFESTACIÓN POLA REPÚBLICA dende a Farola de Urzaíz