PAREMOS A AGRESIÓN XENOCIDA CONTRA O POBO PALESTINO

CartazManiVigo

1 A falsa vítima e o auténtico verdugo.

Israel asegura que o atacan. Asistimos ao terceiro bombardeo aéreo masivo contra a terra palestina de Gaza, e o governo sionista dálle nome de acción defensiva, coma os anteriores. Lembremos: Chumbo Fundido, ou a confusión e o caos para a Resistencia Palestina en 2008, con 1.800 mortos; Alicerce Defensivo, en 2012, con 170 mortos e 1.300 feridos e a actual Gávea de Protección que xa contabiliza preto de trescentos mortos e incontábeis feridos. A información do Estado de Israel sobre baixas e danos propios non está nunca contrastada; coa excepción de Estados Unidos e Israel, ningún Estado membro da ONU pon en dúbida os feitos do xenocidio palestino.

2 A verdade sobre Gaza.

Falar de Gaza é falar dunha franxa de terreo de 40 km de longo por 15 km de ancho e de pouco máis de 350 kilometros cadrados de extensión onde viven un 1.7 millóns de palestinos dos que 1.2 millóns foron expulsados das súas terras (o que agora é o sul do estado de Israel). Lembremos que en 1947 cando a resolución 181 da ONU daba saída á partición de Palestina, só o 5.6% das terras eran propiedade da poboación xudia. Hoxe posúen o 80% da superficie total.

Pero no escenario actual hai un elemento que non debemos deixar pasar desapercibido. A razón desta última demostración de barbarie hai que buscala, non na morte, aínda non aclarada, de tres xoves estudantes que, non o esquezamos, eran colonos nunhas terras roubadas aos palestinos. O obxectivo central desta nova agresión militar é o de romper o acordo de unidade nacional contra a ocupación que acaban de asinar Fatha e Hamás. E iso no é algo que o goberno israelí esté disposto a tolerar. Hamás nunca foi nin a causa nin o obxetivo. Precisamente para acabar con este acordo están bombardeando Gaza. O sistema de información obediente insiste en que o Estado de Israel colonizador de Palestina é a vítima e os habitantes de Gaza palestinos, resistentes da colonización, agresores. A rede televisiva norteamericana ABC aprópiase de imaxes de nenos e mulleres palestinos feridos e mortos, para alimentar a saga dos israelís sitiados. A realidade de Gaza desmente heroicamente esta mentira: Gaza está illada e bloqueada por terra, mar e aire; carece de armamento pesado, non ten armas de aviación, o seu sistema de comunicación e de enerxía básica está intervido polos sitiadores e non deixa de ser asexada a cotío por un satélite norteamericano cedido ao Estado de Israel. O Estado de Israel é o 6º exportador de armas do mundo, fabricadas con licencias dos Estados Unidos e do Reino Unido e o primeiro importador de armas fabricadas nos Estados Unidos. O aparato militar–industrial estadounidense, contra o que xa alertara o propio presidente norteamericano Eisenhower, experimenta sistemas de alarma e destrución millonarios sobre o povo de Gaza sitiado pola fame.

3 Delictos de lesa humanidade.

Tanto a Lei internacional coma o acervo universal de Xustiza, sancionan os delictos cometidos polo Estado de Israel contra o Povo Palestino: a política de colonización, ocupación de terras e expulsión do povo orixinario; a tortura diaria e asasinato do povo que resiste a ocupación; a cadea sen proceso e sen opción de defensa, tanto de adultos como de menores; o roubo, depredación e contaminación de recursos básicos; o illamento de unidades de povoación; a criminal intervención do dereito de desprazamento dentro de Palestina, roubado dia a dia e hora a hora polos blocaos armados do Estado de Israel; a construción dun muro de sitio sobre Palestina. O cerco contra Palestina limita os recursos fundamentais de saúde, alimentación, comunicación e cultura. A inxerencia do Estado de Israel sobre Palestina é obxecto de condena en todas as súas manifestación pola Asemblea das Nacións Unidas.

4 Castigo colectivo.

O Estado de Israel tortura, somete a terrorismo e mata ao Povo de Palestina por resistir a colonización. O Estado de Israel arrógase o dereito de aplicar un castigo colectivo sobre Palestina, un abuso inhumano condenado no mesmo libro do que os sionistan aseguran tomar a lexitimidade da súa violencia. A ONU vén de denunciar que 3 de cada 4 vítimas do novo ataque israelí a Gaza son civis, na súa maioría mulleres e nenos.

5. Galiza con Palestina

Os galegos e galegas reclamamos que os respònsabeis desta nova agresión sexan levados ante os tribunais internacionais e xulgados por delito de xenocidio, que a Unión Europea e o Estado español esixan a Israel o cese inmediato desta agresión e que se cumpran os incontabeis acordos de Nacions Unidas que, entre outros, implican o abandono dos territorios ocupados polo estado de Israel .

E por iso, polo que Galiza, pobo de exilio e de loita secular pola defensa da súa terra e e da súa cultura; Galiza, que acolleu sempre de brazos abertos aos palestinos desterrados e resolveu ser solidario no combate contra a colonización de Palestina, quere berrar , aquí e agora, nun clamor colectivo e unánime

CONVOCAN

Anova, Asemblea Republicana de Vigo, Asociacion de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil, Asociación Galego–Bolivariana Hugo Chávez, BDS-Galiza, BNG,CC.OO,CIG, C.U.T, Equo,Espazo Ecosocialista, EU, Galiza Nova, Marcha Mundial das Mulleres, Mar de Lumes., PCG, PCPG, STOP Deshaucios, UGT.

PAREMOS A AGRESIÓN XENOCIDA CONTRA O POBO PALESTINO¡¡

APOIEMOS A RESISTENCIA PALESTINA CONTRA A OCUPACION¡¡

POLA RESISTENCIA AINTIIMPERIALISTA INTERNACIONAL¡¡

PALESTINA VENCERA¡¡

Pode que che interese:

Deixa un comentario