Este ano a nosa Asociación decidiu facer unha forte campaña publicitaria (aprobada en Asemblea) para promover a participación na manifestación do 14 de abril que como todos os anos organizamos. Para iso contratamos unha cuña publicitaria para ser emitida por Radio Vigo-Cadena SER (desconexións nos programas de Nierga e Francino) cinco veces o mesmo 14 de abril, a colocación de catro vallas publicitarias de de 8m de ancho por 3m de alto en lugares estratéxicos da cidade e a emisión nas televisións dos autobuses de Vitrasa dun anuncio da manifestación en impactos de 10 segundos acompañados polos sons do himno de Riego; estes anuncios comezaron a emitirse o día 26 de marzo. Pois ben, onte pola tarde mércores 2, a comercial coa que contratamos a publicidade nos autobuses de Vitrasa e que traballa para o grupo Radio Vigo, chamou ao noso presidente para dicirlle que acababa de recibir unha notificación de VITRASA onde esta lles comunicaba que a partires de ese mesmo mércores 2 de abril QUEDABA SUSPENDIDA a emisión da publicidade da manifestación do 14 de abril en todas a liñas de autobuses da compañía Vitrasa.
Diante de tal situación, a nosa asociación esta valorando, co apoio legal necesario, as posibilidades reais para proceder a denunciar a VITRASA S.A, por conculcación dun dereito fundamental.
A maiores compre que saibades que a empresa publicitaria vai resarcirnos dos danos e prexuízos causados emitindo 16 spots anunciando a manifestación en LOCALIA TV e coa emisión de 9 cuñas de radio, repartidas entre o venres 11 de abril e o domingo 13, a maiores das cinco que xa están contratada para o día 14.
Cumpriría espallar isto entre os vosos contactos e amig@s.
Saúde e República
1 comentario en “Cominicado da Xunta Directiva”
Ola compañeiros: gustaríame saber si o Concello de Vigo está ao tanto destes feitos. Resulta inadmisível que unha empresa decida qué manifestación é publicitável y cal non. Recordemos varias cousas; é un servizo público e transita por rúas públicas. O Concello debera retirar a concesión a Vitrasa por estes feitos.
Saúde.