Presentación “España, cara B: Farsa, corrupción y fraude”

A Asemblea Republicana de Vigo organiza este xoves, 25 de xuño, ás 20.00 horas, a presentación do último libro de Luís Gonzalo Segura, España, cara B: Farsa, corrupción y fraude. O acto celebrarase na libraría Librouro e contará coa presenza do autor, extenente do Exército e coñecido pola súa actividade de denuncia da corrupción e dos abusos no ámbito militar. O presidente da Asemblea, Anxo Padín, exercerá como anfitrión e moderador do encontro.

Non será a primeira visita de Luís Gonzalo Segura á cidade convidado pola entidade republicana. Desde a súa expulsión das Forzas Armadas e o seu encarceramento durante máis de catro meses por denunciar prácticas corruptas, abusos de poder e a crecente influencia da ultradereita no estamento militar, o escritor converteuse nunha das voces máis críticas coa realidade das institucións castrenses españolas.

Publicado por Lola Books, España, cara B: Farsa, corrupción y fraude propón unha análise das estruturas de poder, a corrupción e as contradicións do sistema político e institucional español, completando un traballo de investigación e denuncia que o autor vén desenvolvendo desde hai máis dunha década.

Pode que che interese:

Deixa un comentario