Presentación “Diarios (1938 e 1945)”
O martes 21 de abril presentouse na libraría Librouro Diarios (1938 e 1945) de Syra Alonso. No acto participou a historiadora e representante da ARMH da Coruña Carmen G. Rodeja, que falou do intre histórico e das circunstancias nas que se desenvolveron os feitos arredor do apresamento e asasinato polos fascistas do marido da autora, o pintor Francisco Miguel, ocorrido na Coruña en setembro de 1936.
Un representante da Editora Alvarellos contou como decidiron facer unha nova edición do libro, que xa tivera unha primeira no ano 2000, neste caso ampliada con novas testemuñas e material gráfico inédito.








Presentación “Sobrevivir a Mauthausen-Gusen: Memorias de un español en los campos nazis”
O martes 5 de maio foi presentado o libro Sobrevivir a Mauthausen-Gusen: Memorias de un español en los campos nazis, escrito por Enrique Calcerrada Guijarro, onde relata a súa terrible estancia neste campo de exterminio, dende o ano 1941 até a liberación do campo o día 5 de maio de 1945, despois de ter pasado por outros campos en Francia, Alemaña e na Polonia ocupada, tras ser feito prisioneiro polos nazis en Francia no 1940, a onde fuxira no ano 1939.
Escribiu as súas memorias nos anos 70 en Francia, onde morreu. Interviron o seu sobriño, Javier Calcerrada, que falou dos recordos sobre o seu tío, e do compromiso deste coa defensa da República e a súa loita para que non se esqueza todo o sufrimento que pasaron os republicanos españois que tiveron que exiliarse, moitos dos cales foron asasinados nos campos de exterminio nazis.
Fernando Villot Cameselle, neto de Agustín Cameselle, exiliado español fuxido a Francia e morto en Mauthausen no ano 1941, falou das terribles condicións de traballo as que foron sometidos os prisioneiros, así coma das estancias de exiliados republicanos en campos franceses previas a invasión do Tercer Reich.







Mesa redonda “Memorias desobedientes”
O xoves 21 de maio estiveron en Vigo Viviana Cao, Loreto Urraca e Susana Sánchez Arina, filla, neta e familiar de xenocidas. As participantes relataron as súas experiencias persoais sendo familia de torturadores, represores e golpistas, e o traballo político que veñen desenvolvendo para dar visibilidades. O acto estivo presentado por Montse Fajardo.







