Este pasado martes 14 de abril de 2026 unha nova manifestación percorreu as rúas de Vigo.
Veciños e veciñas de Vigo e de varias localidades da bisbarra marcharon Pola República e contra a guerra imperialista.
O 14 de abril é xa unha data senlleira, marcada no calendario dos e das demócratas e antifascistas de Vigo e da contorna, que lembran a proclamación da II República, coa vista, e co horizonte posto no futuro, e na loita por unha República do pobo.
Os e as manifestantes amosaron a súa solidariedade cos distintos pobos que están a sufrir agresións imperialistas. Así mesmo berrouse polo dereito a unha vivenda digna e contra a especulación.
A manifestación rematou na porta do sol, onde Samir Slim deu voz ao xenocidio que Israel leva a cabo en Palestina e lembrou a situación de Irán e do Líbano.
Nemexio Barxa foi quen deu lectura ao manifesto central do acto, que contou coas intervencións musicais de Laura Quintillán e Antón Sánchez.





























