Este pasado xoves 28 de novembro rematou o ciclo, organizado pola Asemblea Republicana de Vigo, “Memoria contra o esquecemento“.
A presentación do libro Palabras contra el olvido, en Librouro, puxo o peche a unha xeira na que se celebraron tres actividades sobre memoria.
O xoves 7 de novembro, Montse Fajardo presentou Rotas nunha sala ateigada e na que os e as asistentes foron moi participativas.
O día 14 estivo en Vigo Pepe Viyuela, presentando o documental Un viaje hacia nosotros, o actor madrileño compartiu coas persoas presentes a súa experiencia nos campos de refuxiados do Sahara Occidental e sobre o papel dos traballadores do mundo da cultura.
A última actividade contou coa participación de varios dos protagonistas da fuga de Segovia, Josu Ibargutxi, Enrique Gesalaga e Miguel Ángel Gómez falaron da súa vida militante e da súa amizade, forxada nos derradeiros anos da ditadura.
O ciclo foi todo un éxito e todas as actividades tiveron unha nutrida asistencia e participación.