Celebrouse en Pereiró a 49ª homenaxe a Baena e aos 4 compañeiros fusilados o 27 de setembro de 1975

O pasado venres 27 de setembro de 2024, celebrouse no cemiterio vigués de Pereiró, a 49ª homenaxe a Xosé Humberto Baena e aos 4 antifranquistas fusilados polo réxime en setembro de 1975.

O acto contou coa presencia de moitos camaradas e amizades de Baena e con multitude de militantes que seguen a loitar nas rúas e nos xulgados pola memoria democrática e pola anulación de todas as condenas e sentenzas aplicadas polo réxime franquista a centos de militantes e loitadores.

Asemade, informouse de que nas vindeiras semanas vaise constituír unha comisión de traballo para organizar a homenaxe de 2025, que será cando se cumpran 50 anos dos 5 asasinatos.

Pode que che interese:

Xornadas de memoria

Estes próximos meses de setembro, outubro e novembro de 2025 a Asemblea Republicana de Vigo organiza unhas xornadas sobre memoria en colaboración

Deixa un comentario