Este pasado venres 31 de maio, no local da Asemblea Republicana de Vigo, tivo lugar a presentación da marcha a Madrid do próximo domingo 16 xuño.
O acto contou coa participación de Celso López en representación da ARV, de Néstor Sieira da coordinadora galega da marcha a Madrid e de Álvaro Torres da Plataforma Galega pola Terceira República.
O acto contou con varias intervencións dos e das asistentes que reflexionaron sobre a República e sobre a necesidade da mobilización pola República e do qué facer para fortalecer o movemento republicano.