Este próximo domingo 14 de abril ás 12:00, a Asemblea Republicana de Vigo convoca a todos os vigueses e viguesas, así como toda a veciñanza da bisbarra de Vigo a unha nova Manifestación Pola República.
A mobilización arrancará desde o cruzamento da Vía Norte coa Rúa Urzáiz e rematará na Porta do Sol, ao carón da Rúa da II República, onde o actor redondelán Eduardo Alberto Rodríguez Cunha, “Tatán” , dará lectura ao manifesto.
A Asemblea Republicana de Vigo convoca, como cada 14 de abril, unha nova marcha de loita e reivindicación, sobre os piares da necesidade de republicanizar a nosa sociedade, de conquerir avances democráticos e de traer a tan necesaria República.
O acto de peche da Manifestación concluirá coas intervencións de Catalina Pahíno e a lectura do manifesto a cargo de Tatán, integrante do reparto de filmes como A lingua das bolboretas ou máis recentemente, Matria.
O acto rematará coas interpretacións dos himnos, galego e republicano, a cargo do gaiteiro Antón Sánchez e da violinista Laura Quintillán.