O político e xurista hispano-arxentino Gerardo Pisarello estará en Vigo o xoves 9 de novembro de 2023 para presentar o seu último libro.
Dejar de ser súbditos, el fin de la restauración borbónica (editado por Akal) será presentado na Casa del Libro de Vigo (Velázquez Moreno, 27) ás 19:30 horas.
Pisarello, doctor honoris causa pola universidade nacional de Rosario (Arxentina) é tamén profesor de dereito constitucional na Universidade de Barcelona, é fillo de Ángel Pisarello, avogado e militante desaparecido e asasinado pola ditadura militar arxentina.
Gerardo Pisarello é deputado no congreso e é secretario primeiro da cámara baixa.