Este domingo 22 de outubro de 2023 está convocada en Vigo, así como noutras cidades e vilas do país, unha manifestación en solidariedade con Palestina e contra o xenocidio ao seu pobo.
A manifestación sairá ás 12:00 dende o cruzamento de Vía Norte con Urzáiz e está convocada por BDS, Mar de Lumes, Galiza por Palestina e a Asociación Galaico Árabe Jenin.
A Asemblea Republicana de Vigo, que ten nos seus estatutos a defensa dos principios de solidariedade entre os pobos, denuncia o xenocidio contra o pobo palestino así como a ocupación e apartheid que sofren a mans do estado sionista de Israel.
A Asemblea Republicana de Vigo anima a toda a cidadanía de Vigo, da bisbarra e do conxunto de Galicia a berrar este domingo “paremos o xenocidio en Palestina”.