Este pasado mércores 27 de setembro de 2023 celebrouse no Cemiterio de Pereiró unha nova e multitudinaria homenaxe a Xosé Humberto Baena Alonso.
A cita, celebrada un ano máis en Vigo, lembrou a Baena e ós outros catro militantes fusilados polo franquismo o 27 de setembro de 1975 (X.L. Sánchez Bravo, Ramón García Sanz, Ángel Otaegui Etxebarría e Jon Paredes “Txiki”).
O acto contou con intervencións de camaradas de Humberto Baena que case que cinco décadas despois do seu asasinato continúan poñendo en valor o seu enorme legado vital e militante.
Luís Viñas, Mari Luz Maset, Moncho Fernández e Evaristo Pereira foron os encargados de tomar a palabra nun emotivo acto, que contou con ducias de asistentes e que lembrou a importancia da memoria da xustiza e da reparación, así como da importancia da loita contra a impunidade dos crimes do franquismo.
Compartimos unha recompilación de fotos do acto.