A Asemblea Republicana de Vigo rexeita e denuncia enerxicamente a nova visita de Juan Carlos de Borbón ao noso país, a Asociación fará parte da mobilización convocada este vindeiro venres 21 de abril ás 20:00 no Miradoiro do Porto deportivo Xoán Carlos l en Sanxenxo.
O Emérito volve a Sanxenxo, despois da cita do pasado ano, envolto nun halo de impunidade para pasearse polo noso territorio con total tranquilidade.
Desde a Asemblea Republicana de Vigo rexeitamos a visita do Emérito, mais non queremos caer na análise simplista e individualizada da imaxe do Borbón como un corrupto, se non que denunciamos a súa figura e a do seu fillo Felipe VI (ambas indisociábeis) como garantes da continuidade da monarquía corrupta e antidemocrática, herdeira da ditadura franquista.
A monarquía segue a servir como cadeado do Réxime do 78 e é un dos eixos fundamentais para manter pechado o proceso da transición e imposibilitar unha ruptura democrática que consiga rachar verdadeiramente co réxime franquista.
Reiteramos a nosa repulsa a esta nova visita e instamos a todos os axentes sociais, políticos e sindicais a pór nas súas axendas a necesidade da República como panca para a apertura dun proceso constituínte que sirva como ferramenta para lograr avances para as maiorías sociais no noso país e no conxunto do Estado.
2 comentarios en “Concentración en Sanxenxo ante a visita do Rei Emérito”
Gustaríame saber si pola zona do Barbanza vai alguén. Eu son de Rianxo e poñeríame en contacto
Ola Rosa, dende a Asociación non temos constancia.
Saúde e República.