Manifestación Pola República o venres 14 de abril [2023]

Un ano máis, o venres 14 de abril ás 20:00 horas, a Asemblea Republicana de Vigo convoca a toda a cidadanía de Vigo e da bisbarra a unha nova Manifestación Pola República.

A mobilización, baixo o lema Pola República, reclamará nas rúas de Vigo a necesidade dun novo modelo de estado que poña fin ao putrefacto sistema monárquico, un novo modelo como panca de cambio para unha completa transformación social.

A manifestación sairá do cruce de Vía Norte con Urzáiz e rematará na Porta do Sol onde o mestre e cineasta vigués Roi Cagiao dará lectura ao manifesto que porá feche á xornada que contará tamén coa participación musical da violinista Laura Quintillán e do gaiteiro Antón Sánchez.

Pode que che interese:

Deixa un comentario