Fotos da presentación: Falando de Memoria


Actualización (30-3-2023): O contido do proxecto Falando de Memoria está xa dispoñíbel nesta ligazón:

https://falandodememoria.wordpress.com/


Este pasado martes 21 de marzo foi presentado no salón de actos do Museo Marco de Vigo o proxecto memorialista Falando de Memoria.

A Asemblea Republicana de Vigo e a Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36 presentaron este documental nunha sala ateigada.

Este traballo, composto por 15 micro reportaxes sobre a memoria democrática de Vigo e bisbarra, ten un carácter esencialmente didáctico e pedagóxico e que será, grazas ao apoio económico da Deputación de Pontevedra, difundido e espallado en Centros de Ensino Medio, nas tres Universidades públicas galegas, en bibliotecas e entre o conxunto do tecido asociativo.

Pode que che interese:

Deixa un comentario