Compartimos unha escolma de fotos da charla coloquio sobre os bebés roubados na ditadura e a transición, celebrada o pasado venres 25 de febreiro na Casa do Libro en Vigo.
Soledad Luque Delgado compartiu coas persoas asistentes unha certeira análise sobre os crimes contra a humanidade cometidos durante décadas no estado español.
Houbo moita participación no coloquio posterior, con preguntas, reflexións e experiencias sobre os bebés roubados na nosa cidade.