Xoves 14 de abril ás 12:00 dende o cruce de Vía Norte con Urzáiz (Vigo)
Este vindeiro xoves 14 de abril no 91 aniversario da proclamación da II República, a Asemblea Republicana de Vigo convoca unha nova Manifestación Pola República que sairá dende o cruce de Vía Norte con Urzáiz.
Unha manifestación que percorrerá as rúas da cidade na loita pola República e contra a monarquía corrupta.
A manifestación rematará no MARCO coa intervención de Xosé Luís Outes Ruso.
Viva a República!
PD: Calquera que desexe máis información o respecto, podedes poñervos en contacto connosco a través do enderezo contacto@asemblearepublicana.org.