DECLARACIÓN DA ASEMBLEA REPUBLICANA DE VIGO A PROPÓSITO DA SAÍDA DE ESPAÑA DE JUAN CARLOS BORBÓN

Á marxe de esixir que devolva o roubado, podería existir maior xuízo público que este
oprobioso final para Juan Carlos Borbón? Posiblemente si. A cadea. Pero, en calquera caso
e mentres esperamos, o que queda claro é que quen personificou de forma case que
absoluta as bondades da «transición» e encarnou a súa aceptacion internacional, non só é
un presunto delincuente, senón que acaba de irse polo sumidoiro da historia de forma case
clandestina e vergoñenta.

Isto evidencia de forma clara o esgotamento do Réxime do 78, un esgotamento exemplificado por esta saída de España de alguén que, para maior mofa popular, aínda conserva o titulo de rei. Todo un síntoma para o futuro.

Podería alguén pensar que isto non ten importancia e que todo seguirá igual? Podería, claro. Pero trabucaríase. Só falta que os partidos, sindicatos, asociacións cidadás e todo o tecido cultural e social deste Reino imposto polo ditador (o pobo vasco e o catalán levan anos nisto) comecen a negar a actual forma de estado e decidan republicanizar a vida política, social e sindical, republicanizar os programas electorais e republicanizar tamén a vida parlamentar para que a Monarquía continúe sumida nunha crise institucional que a leve a súa desaparición.

Fagámolo posible. Asociacións como a nosa creáronse con este obxectivo.

ABAIXO A MONARQUÍA!
FÓRA O BORBÓN!
VIVA A REPUBLICA!

Pode que che interese:

Deixa un comentario