A Asemblea Republicana de Vigo anima á cidadanía da nosa cidade e da súa bisbarra a facer deste 14 de abril unha nova data de loita e reivindicación dos valores republicanos pendurando a bandeira da República das nosas xanelas e balcóns.
Neste Estado de Alarma xerado polo COVID-19, a defensa da República é a defensa do ben común, do público e da solidariedade entre traballadores e traballadoras.
Este martes manifestarémonos cunha gran cazolada dende as nosas fiestras e balcóns nun enorme berro colectivo pola República e contra a Monarquía corrupta.