Ao berro de fóra os Borbóns, Vigo pola república un novo 14 de abril

Este pasado luns 14 de abril, un ano máis as rúas de Vigo enchéronse de bandeiras tricolores na loita pola República.

Ao berro de Fóra os borbóns, pola República, centos de manifestantes percorreron as molladas rúas que baixan dende o cruzamento da Vía Norte coa rúa Urzáiz ate a Porta do Sol, onde rematou a marcha, nun día no que a choiva non disuadiu ás demócratas e antifascistas de Vigo e da bisbarra.

A mobilización, convocada pola Asemblea Republicana de Vigo, contou con manifestantes chegados de distintas vilas da comarca como Cangas, Redondela, Ponteareas, Moaña, Gondomar…

A marcha puxo de manifesto a vixencia da República e a necesidade de loitar por un novo modelo político e social que sitúe ás clases populares no centro.

O xornalista e escritor Gustavo Luca deu lectura a un certeiro manifesto, e os gaiteiros Antón Sánchez e Ángel Barreiro, acompañados da violinista Laura Quintillán puxeron fin á xornada.

Pode que che interese:

Deixa un comentario