O próximo mércores 19 de marzo ás 20:00 horas, a Asemblea Republicana de Vigo organiza, na Libraría Librouro de Vigo (R/ Eduardo Iglesias, 12), a presentación do libro A marcha da paz secuestrada, editado por Morgante.
A obra está escrita polo escritor e xornalista Primitivo Carbajo, que estará en Vigo para presentar o libro e facer parte do posterior coloquio.
O libro reivindica e quere ser parte do antigo berro pola paz contra o pregón actual da guerra, esa antigalla.