Este mes de novembro a Asemblea Republicana de Vigo organiza un ciclo de actividades baixo o título “Memoria contra o esquecemento“.
Durante tres xoves deste mes, 7, 14 e 28 de novembro vanse suceder as actividades organizas pola ARV nunhas necesarias xornadas de loita e debate.
O xoves día 7 dará comezo esta xeira coa presentación do libro de Montse Fajardo, “Rotas – As mulleres que o franquismo agochou en Compostela“, editado por Edicións Positivas e premiado co SELIC 2023. O libro rompe o silencio das mulleres que permaneceron no manicomio de Conxo durante o franquismo. O acto será na libraría Librouro (R. Eduardo Iglesias, 12) e comezará ás 20:00.
O xoves 14 de novembro será a quenda do cine, ás 20:00 nos Multicines Norte se proxectará “Un viaje hacia nosotros” (2021), documental dirixido por Luis Cintora e que contará coa presencia en Vigo de Pepe Viyuela, que presentará a cinta e participará do posterior coloquio.
O actor madrileño estará na nosa cidade para presentar e debater sobre esta imprescindible película, que narra a viaxe que arranca na lembranza familiar de Pepe Viyuela cando comeza unha investigación tralo rastro do seu avó Gervasio, integrante do exército republicano durante a guerra de España.
O ciclo sobre memoria concluirá o xoves 28 de novembro, cando será a quenda da presentación do libro “Palabras contra el olvido“. Para a súa presentación estarán en Vigo os seus editores, Carmen Ochoa e David Beorlegui e contará coa participación de varios dos seus protagonistas, seis ex presos políticos que coincidiron na cadea de Segovia na década de 1970 e que 40 anos despois reúnense nese mesmo penal.
A obra, editada por La oveja roja, será presentadola o xoves 28 ás 20:00 na libraría Librouro.
A Asemblea Republicana de Vigo reitera a necesidade de continuar loitando pola memoria e contra o esquecemento.