O pasado venres 27 de setembro de 2024, celebrouse no cemiterio vigués de Pereiró, a 49ª homenaxe a Xosé Humberto Baena e aos 4 antifranquistas fusilados polo réxime en setembro de 1975.
O acto contou coa presencia de moitos camaradas e amizades de Baena e con multitude de militantes que seguen a loitar nas rúas e nos xulgados pola memoria democrática e pola anulación de todas as condenas e sentenzas aplicadas polo réxime franquista a centos de militantes e loitadores.
Asemade, informouse de que nas vindeiras semanas vaise constituír unha comisión de traballo para organizar a homenaxe de 2025, que será cando se cumpran 50 anos dos 5 asasinatos.