Este venres 27 de setembro ás 18:00, un ano máis, os compañeiros e compañeiras, amizades e camaradas de Xosé Humberto Baena Alonso convocan no cemiterio de Pereiro (Vigo) unha nova homenaxe ao loitador antifranquista e aos seus outros catro compañeiros asasinados polo franquismo.
Baena Alonso foi fusilado en Hoyo de Mazanares fai corenta e nove anos. Canda el, perderon tamén a vida a mans do terror franquista os militantes José Luís Sánchez Bravo Solla, Ángel Otaegui Etxebarria, Jon Paredes Manot “Txiki” e Ramón García Sanz.
A Asemblea Republicana apoia e fará parte activa desta nova homenaxe para que os seus nomes non se borren da historia e para continuar denunciando os crimes do franquismo, tanto nos tribunais como nas rúa.
Facemos extensible a convocatoria a todas e todos os compañeiros antifranquistas de Vigo e da nosa bisbarra a ateigaren este vindeiro venres o cemiterio de Pereiró.
Verdade, xustiza e reparación!