Continúa a presentación do libro “Vigo Republicano, palabras para o 14 de abril”

Nas vindeiras semanas vai continuar a presentación do libro, autoeditado pola Asemblea Republicana, Vigo republicano, palabras para o 14 de abril.

O libro será presentado en Redondela o próximo mércores 11 de setembro ás 20:00 na Casa da Cultura, e contará coa participación de Celso Lopéz e de Eduardo A. Rodríguez Cunha (Tatán) que foi o encargado de fechar co seu discurso a Manifestación Pola República deste 14 de abril de 2024.

A actividade está organizada conxuntamente pola Asemblea Republicana e polo Colectivo Republicano de Redondela.

O venres 4 de outubro será a quenda de Cangas. A vila do Morrazo acollerá a presentación ás 20:00 no local da CUT, na Avenida de Moaña 17, e contará coa participación do poeta Xosé María Álvarez Cáccamo.

O libro, que recolle os discursos da manifestación pola República do 14 de abril en Vigo nos últimos vinte anos, foi xa presentado con éxito en Vigo fai meses e continuará agora polas vilas da comarca.

Pode que che interese:

Deixa un comentario