Celebrouse na Illa de San Simón a Homenaxe Nacional ás vítimas da represión franquista

Este pasado domingo 21 de xullo celebrouse, un ano mais, a Homenaxe Nacional ás vítimas da represión franquista na Illa de San Simón.

A Homenaxe arrancou por volta das 10:00 da mañá cunha visita guiada que contou coas explicacións de Luís Bará, máis tarde foi a quenda de Matías Rodríguez da Torre, que explicou o que aconteceu na Illa nos anos 30 e 40 do século pasado.

A actividade contou coa participación de ducias de colectivos de todo o territorio galego. A Asemblea Republicana de Vigo contou cunha nutrida participación de socios e socias que fixeron parte desta necesaria actividade de memoria e reivindicación.

O acto central contou coas intervencións da escritora Iria Morgade, do poeta Claudio Rodríguez Fer e de María Pilar López Vera, familiar dun dos presos da Illa.

No acto reclamouse que a San Simón sexa declarada Illa da memoria.

Pode que che interese:

Deixa un comentario